Hai alguén máis feroz ca min?

15,90 (iva incluido)

Sin existencias

SKU: 9788498717358 Categorías: , , ,
Sinopsis:

Todos temían o monstro, e el mesmo estaba convencido de que non había ninguén máis feroz ca el; pero un día atopouse cun cativo que non lle tiña medo ningún. O monstro tratou de convencelo das súas tremendas e horripilantes características, pero lonxe de persuadir o rapaz, este demostroulle que nada daquilo era tan horrible e mesmo que os seus problemas tiñan solución doada. Case sen decatarse, o monstro empezou a mudar e a botar de menos o seu amigo. A percepción dun mesmo ante o mundo que nos rodea, é a base da conduta humana. Dun modo fantástico e divertido, o álbum pode axudar a valorar a importancia da auto-estima. Así mesmo vai dar pistas, a nivel inconsciente, para comprenderque unha visión negativa dun mesmo afecta na relación cos outros, na inseguridade en determinadas situacións, e en diversos ámbitos na vida. Con empatía, apoio e a axuda adecuada, as dificultades poden superarse e os problemas, resolverse. E posto que os cativos descobren o mundo recibindo información polos cinco sentidos, este álbum fai un divertido percorrido por eles, xogando coas características do monstro, e as situacións familiares do neno, e contrapoñendo logo a percepción a través de sensacións e experiencias gratificantes que invitan a descubrir outro modo de sentir e relacionarse.

Características:
  • Extensión: 48 pág.
  • Tapa dura.
Bebé Ratón
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.