Sinopsis:
Lonxe, en mar aberto, vivía un peixe. Pero non era un peixe calquera. Era o peixe máis bonitode todo o océano. O seu vestido de escamas brillaba con todas as cores do arco da vella. Os demais peixes admiraban o seu relucente vestido de escamas multicolor…O escintileo das súas escamas iluminaba a auga ao seu paso e chamaba a atención dos demais peixes, que o admirabane chamaban por el para xogaren xuntos, pero o peixe Arcodavella ignorábaos. Mais todo cambiou cando, con moito desaire, lle negou unha das súas escamas brillantes a un peixiño azul; dende entón, todos lle deron as costas e o peixe Arcodavella quedou só e triste.
Características:
- Extensión: 32 pág.
- Tapa dura.












